Documento sin título
Home page | Quienes Somos | Nuestros productos |Contacto | Aviso legal
 
Documento sin título
Documento sin título
... Seleccion de sector _
... y población_
... busqueda por nombre_
  Usuarios
  Tablón de anuncios
  Foro
  Utilidades
  Acceso Comercios
  Agenda Cultural
  Callejero
  Rutas
  Transporte
  Museos
  Conoce tu ciudad
 
   

Horario
De martes a domingo: de 10:00 a 19:00 horas.
Do 1 de xuño ao 30 de setembro do 2003 o horario de visitas amplíarase ata as 21:00 horas.
Pechado os luns non festivos e os días 1 e 6 de xaneiro e 25 de decembro.

http://www.verbum.vigo.org/

 
  Verbum é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espacio cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Escolleuse o nome de Verbum, vocablo latino que significa "palabra", porque a palabra é a orixe do proxecto e o latín é a orixe das linguas faladas en Galicia.

A construcción sitúase en primeira liña fronte ao mar, no contorno da praia de Samil; zona de ocio cun longo paseo marítimo que bordea a praia, ademais de zonas verdes, dotacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostalería e aparcadoiros.


O edificio
O edificio, proxectado polo arquitecto galego César Portela e executado pola constructora Necso, estructúrase en catro plantas: semisoto, planta baixa, planta superior e cuberta, unificadas por unha caixa de luz que as atravesa e as relaciona, arredor da que se distribúen as comunicacións verticais, escaleiras e elevadores. A superficie total construída é de máis de 5.000 m2, situados nunha parcela de 13.000. Conta cos servicios de consigna, cafetería, tenda, sala de exposicións temporais e salón de actos. A súa oferta permanente amplíase coa programación de actividades complementarias.

As súas instalacións permiten experimentar e coñecer mediante xogos todo o relacionado coa comunicación humana; as linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escritura, a literatura, a tecnoloxía…


Estructura expositiva
A concepción expositiva ordénase en 29 cubos, que conteñen no seu interior un total de 81 módulos ou unidades informativas, que desenvolven as diferentes temáticas integradas no museo. Tomando a palabra como unidade mínima de significación, os contidos abranguen as linguaxes, as ciencias, a literatura e a tecnoloxía.

Empréganse tecnoloxías audiovisuais en 18 dos módulos, electrónicas en 13, escenográficas en 28, gráficas en 65, informáticas en 22 e obxectuais en 38 de eles. As accións que ten que realizar o público son arrincar un mecanismo en 12 dos módulos, facer algo en 62, observar en 51, introducir variables en 50 e eleccións persoais en 14 deles. Están destinados a un público familiar 34 dos módulos, á visita individual 45 e á visita en grupo 2 deles.

Entre as montaxes das diferentes áreas, sobresae unha pantalla cun micrófono amplificado incorporado que permite ao visitante ver a onda da súa voz e comparala con distintas frecuencias de voces humanas, ou o sistema informático a través do que o visitante pode crear narracións introducindo unha serie de variables.


 
     
Documento sin título
Documento sin título
Patrocina VM.com Colaboran con VM.com