Documento sin título
Home page | Quienes Somos | Nuestros productos |Contacto | Aviso legal
 
Documento sin título
Documento sin título
... Seleccion de sector _
... y población_
... busqueda por nombre_
  Usuarios
  Tablón de anuncios
  Foro
  Utilidades
  Acceso Comercios
  Agenda Cultural
  Callejero
  Rutas
  Transporte
  Museos
  Conoce tu ciudad
 
   

O MARCO está situado no centro da cidade de Vigo.
En coche: o aparcadoiro "Mercado do Progreso", situado detrás do museo na rúa do Progreso nº 28, ofrece unha tarifa reducida ós visitantes do MARCO que presenten a entrada do Museo ao retirar o vehículo.
En autobús: as liñas C5, 5, 4, R4, 9,11,16,19,27, Circular Centro.
En tren: a estación de Vigo, RENFE, situada na Praza da Estación, está a cinco minutos andando ó MARCO.
En avión: o aeroporto de Peinador atópase a 7 Km do centro da cidade.

 
  http://www.marcovigo.com/

 
  O obxectivo fundacional é que o Museo de Arte Contemporánea sexa unha institución que cumpra coas funcións de conservar, investigar e exhibir obras de arte e, ademais, teña entre as súas prioridades producir, formar, comunicar e difundir a cultura contemporánea. En definitiva, trátase de conseguir un centro cunha programación pluridisciplinar, aberta a tódolos soportes artísticos de hoxe e orientada cara o coñocemento da arte e da cultura dos nosos días. Esta nova dotación cultural está situada no antigo edificio dos Xulgados e Cárcere de Vigo (1880), un emprazamento no centro do casco urbano.

As obras de remodelación, dirixidas polo equipo vigués de arquitectos formado por Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas, iniciáronse no outono de 1999 e concluiron en decembro de 2001. O museo, de titularidade municipal, dispón de 10.007m2, dos cales 3.500 m2 están destinados a salas de exposicións e a colección.

O Marco forma parte da Rede Española de Museos, que propón unha relación integrada na que considera a totalidade das actividades museísticas de cada membro integrante como obxecto posible de colaboración futura. O modelo de colaboración que establece esta rede é a Asociación Estratéxica de Museos, que posibilita modelos de xestión cun carácter estructurado e normalizado. A coproducción de mostras, a creación de programas conxuntos, o intercambio de experiencias e información e o préstamo e depósito patrimonial son algunhas das premisas desta alianza.
 
Documento sin título
Documento sin título
Patrocina VM.com Colaboran con VM.com