Documento sin título
Home page | Quienes Somos | Nuestros productos |Contacto | Aviso legal
 
Documento sin título
Documento sin título
... Seleccion de sector _
... y población_
... busqueda por nombre_
  Usuarios
  Tablón de anuncios
  Foro
  Utilidades
  Acceso Comercios
  Agenda Cultural
  Callejero
  Rutas
  Transporte
  Museos
  Conoce tu ciudad
 
   

 

 
  O Museo do Mar de Galicia nace xa reforzado na súa orientación marítima polo seu propio emprazamento, o do mesmo litoral da ría, na denominada Punta de Muíño sita na parroquia de Alcabre. Este entrante de terra no mar, tan característico destas costas, permite contemplar toda a extensión da ría, desde o estreito de Rande ata as illas Cíes, cun perfil recortado en mar aberto.

A autoría do proxecto inicial é de Aldo Rossi e César Portela, se ben foi este último que se fixo cargo da súa execución incorporando variacións sempre acordes coa idea orixinal.

Cualidade distintiva deste proxecto é a súa condición de conxunto urbanístico no que se integran distintos edificios e espacios ao aire libre delimitados por un muro perimetral e polo propio mar. A articulación de todos os elementos permite unha transición sen ruptura desde a terra firme, con clara vocación urbana, ata o mar, reflexo mesmo dun país no que non existen límites precisos entre o urbano e o contorno natural. O percorrido do conxunto, aínda sendo flexible, está proxectado cunha marcada intención racional que persegue combinar o deleite da contemplación da paisaxe coas máis altas esixencias de funcionalidade museolóxica.


 
     
Documento sin título
Documento sin título
Patrocina VM.com Colaboran con VM.com